Burela 22-6-17. O burelao abandona as filas do Pescados Rubén despois de tres tempadas en Primeira División co equipo sénior. O ala canteirán, de 23 anos, non aceptou a proposta de renovación do club burelista e pon fin así á súa etapa futbolística na entidade que o viu medrar dende a categoría prebenxamín.
“Foron uns anos moi bonitos; esta é a miña casa, sentinme moi arroupado polo pobo e pola afección, pero chegou o momento de tomar novas decisións e vou centrarme na miña preparación académica e laboral” explicaba así Carlitos os motivos de aparcar a súa faceta como deportista. “Dóeme deixar o equipo en Segunda pero non dubido de que axiña volverá estar onde se merece. O fútbol sala sempre será parte de min e espero poder recuperalo para a miña vida algún día” así se despedía o 17 burelista do club e da bancada.
A Familia Laranxa deséxalle a Carlitos un futuro cheo de éxitos na súa nova andaina.