O domingo 13 de decembro nova cita co teatro en Barreiros. Será a partires das seis da tarde no centro social de San Cosme. O grupo de teatro do Hospital Xeral de Lugo representará a obra O parto de Calandrino. O acto está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, enmárcase dentro do proxecto teatral Buxiganga e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Teatro en Barreiros, o domingo representan O parto de Calandrino
Teatro en Barreiros, o domingo representan O parto de Calandrino
Relacionado
-
O servizo de Cociña do Hospital Público da Mariña xubilou este venres á súa compañeira Irene González, pinche neste servizo durante moitos anos
-
A Garda Civil detivo a un veciño de Xove como suposto autor dun delito de furto
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este venres