LUGO .- Máis de 200 persoas coñecerán esta semana a Ribeira Sacra, a Mariña e a Terra Chá co programa Km0 que promove a Deputación. Un grupo de persoas da asociación Fillos de San Miguel de Reinante e a outro da asociación de Mulleres Rurais de Chao, de Ribeira de Piquín xa puideron disfrutar de Km0.
Nota de Prensa
O Instituto de Desenvolvemento Económico e Social estréase nas rutas de Km0
Máis de 200 persoas coñecerán esta semana a Ribeira Sacra, a Mariña e a Terra Chá
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación Fillos de San Miguel de Reinante e a outro da Asociación de Mulleres Rurais de Chao (Ribeira de Piquín), dentro de Km0. En total 206 persoas participan esta semana nas catro rutas do programa medioambiental que promove o organismo provincial.
No primeiro caso, trátase dun grupo de 55 persoas, de 4 a 90 anos, que visitaron o Concello de Monforte de Lemos, onde coñeceron o Barrio Xudío e o colexio Nosa Señora da Antigua. Previamente e dentro dos edificios dependentes da Deputación, percorreron o Centro de Interpretación do río Rato. Os veciños de Ribeira de Piquín decantáronse pola Costa Luguesa, concretamente polo municipio de Cervo. Antes de desprazarse ata a localidade mariñana, na que visitaron a fábrica de Sargadelos e o Real Padroado, coñeceron o Centro de Artesanía e Deseño. Tamén fixeron o Paseo dos Namorados.
Polo que se refire ó xoves, un grupo de solicitantes individuais de Guitiriz, con idades comprendidas entre o 15 e o 75 anos, redescubrirán o Courel. Os 55 veciños deste municipio elexirán o Centro de Interpretación do río Rato, e visitarán os Castros de Vilar e da Torre, así como a aldea de Seceda. Ese mesmo día, 48 integrantes da Asociación “Amigos da Feira” de Castro de Rei, de 18 a 65 anos, logo de seren recibidos no Pazo de San Marcos, coñecerán o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), que se estrea por primeira vez nas rutas de Km0. Posteriormente, desprazaranse ata a Terra Chá. Concretamente, no municipio de Xermade visitarán o parque eólico de Sotavento e, no de Vilalba, a charca Alligal.