NOTA DE PRENSA:
Os populares rexistraron unha emenda á iniciativa plenaria do BNG, a través da que pretenden reflectir formalmente o compromiso adiantado polo Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio: O 67% da vía de altas prestacións (VAP) Costa Norte estará en servizo en 2013
O PPdeG PROPONDRÁ, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, ESTABLECER UN CRONOGRAMA ESPECÍFICO PARA IMPULSAR A POSTA EN SERVIZO DO CORREDOR
* A Mariña e Ortegal perderon catro anos pola incompetencia do bipartito que paralizou a tramitación administrativa de moitos dos seus treitos e foi incapaz de iniciar un só quilómetro en obras na nosa provincia
* Os populares demanda a Fomento que licite as obras entre San Ciprián e Barreiros no ano 2011 para a súa posta en servizo no ano 2015.
A Mariña, 8 de decembro de 2009.- Por primeira vez na historia, o Parlamento de Galicia poderá acordar un cronograma específico para o impulso e posta en servizo do Corredor da Costa. Os populares rexistraron unha emenda á iniciativa do BNG, que será obxecto de debate na sesión plenaria da Cámara galega que comeza no día de mañá, a través da que pretenden reflectir formalmente o compromiso adiantado polo Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio: O 67% da vía de altas prestacións (VAP) Costa Norte estará en servizo en 2013
Os populares afirman que A Mariña e Ortegal perderon catro anos pola incompetencia do bipartito que paralizou a tramitación administrativa de moitos dos seus treitos e foi incapaz de iniciar un só quilómetro en obras na nosa provincia. De feito lembraron que, no momento de traspaso de poderes (abril de 2009), o Goberno formado por PSOE e BNG tan só levaba certificado 1,5 millóns de euros dos 16,9 consignados dende o ano 2006 para a VAP do Norte, é dicir, o 9% dos orzamentos totais, o que vén a demostrar que nese tempo practicamente non se avanzou na tramitación desta infraestrutura.
A proposta dos populares pasa por asumir a posta en servizo do corredor, no treito Celeiro-San Ciprián (adxudicado o pasado verán polo Executivo de Feijóo) no ano 2012. Un ano antes o fará o treito da Variante de Ortigueira. No tocante ao tramo entre Viveiro Sur e Celeiro o cronograma sitúa a súa posta en servizo no 2014 e, finalmente, os tramos máis complexos Covas-Viveiro Sur e Os Ramos-Covas serán unha realidade en 2015 e antes do 2017 respectivamente.
RESPONSABILIDADE DO BIPARTITO
Os populares da Mariña lamentan que o Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG non tiveran asumido un compromiso para a axilización desta vía durante a súa época de Goberno na Xunta: Unha vez máis ten que ser o PP que corrixa esta situación e asuma compromiso realistas con prazos e recursos concretos. Os populares lembran que as forzas do bipartito non foron quen de impulsar esta infraestrutura a pesar de que tiñan unha situación económica moito máis propicia e prevían un orzamento que non executaron.
“Os que agora se presentan como salvadores da patria, impulsores das comunicacións na zona norte de Lugo, son os principais responsables de que o corredor non exista máis que nos mapas”-sentenzan desde o PP. De feito, queren lembrar que o propio Alcalde de Viveiro, o socialista Melchor Roel, recoñeceu sentirse enganado polo Goberno bipartito e que o BNG, que agora tanto reclama, actuou como mamporrero do Goberno central -permitindo que ano tras ano o Executivo de Zapatero non investira ningunha das cantidades comprometidas- e como cómplice da xestión da exconselleira Caride –que prácticamente mantivo suspendida ou paralizada gran parte dos proxectos construtivos do corredor-
TREITO ESTATAL: EN SERVIZO NO 2015
Os populares non se esquecen de reclamar un compromiso similar ao Goberno de Zapatero, que ten a competencia sobre a construción do treito que discorre entre San Ciprián e Barreiros. A través da súa emenda pedirán a Fomento que licite as obras entre no ano 2011, para a súa posta en servizo no ano 2015. A mínima consignación orzamentaria para esta vía, de tan só 10.000 euros procedentes dos orzamentos do Estado condena a esta infraestrutura a un futuro de grande incerteza. “Pero curiosamente desto non fala o PSOE”
Está claro que si alguén nos ten esquecido á Mariña é o Goberno de Zapatero: exemplos deste esquecementos son tanto o corredor como outras a falta de dotación de efectivos da Garda Civil do Mar.