O caso da activista saharagui Aminatou Haidar, en folga de fame no aeroporto de Lanzarote, a quen o goberno marroquí lle retirou o pasaporte e a expulsou do país por modificalo e poñer no mesmo a nacionalidade República Árabe Saharagui. Volve á actualidade, trinta e catro anos despois, a non resolta descolonización da antiga colonia española do Sáhara.
Ao longo do 1975; ano no que en España vivíamos un período de cambio, morte do ditador e comenzo da Transición Política; Marrocos, aproveita a situación, dándose présa en aumentar o seu territorio, á conta da antiga colonia española. Facendo presións de todo tipo, coma a famosa Marcha Verde, onde un número moi grande de marroquís alentados polo seu goberno chegaron a ocupar pacificamente o Sáhara Occidental.
Para un, que naqueles días cumpría o seu servizo militar na colonia, venlle á memoria como, unha vez asinado o Tratado de Madrid (1975), se apresura o abandono por España do territorio e como os considerados inimigos, o exército marroquí, ía ocupando os cuarteis que abandonaba España. Lembro tamén, como o 12 de xaneiro de 1976, no porto de Villa Cisneros, a actual Dakhla, o exército marroquí saúda militarmente aos últimos soldados españois que abandonabamos a colonia.
A poboación autóctona da colonia, alentada fundamentalmente polo Frente Polisario, esperaba naqueles intres a proclamación da República Árabe Saharagui. Como, a pesar de que a declaración dos dereitos humanos que recoñece o dereito dos pobos a súa autodeterminación, e das resolucións das Nacións Unidas que pedían, insistentemente, a celebración dun referéndum que lle otorgase ao pobo saharagui o seu dereito a elexir o seu destino. Hoxe, este pobo segue á espera de que se celebre o devandito referéndum, que tantas veces aprazaou o goberno marroquí, a vez que é expulsado do seu país e acollido polos países veciños nos campos de refuxiados de Tinduf en Alxeria. Esta acollida, que era provisoria, e que segue despois de moitos anos.
Este conflito, que tiñamos xa cáseque esquecido, volta á actualidade grazas ao sofremento de Aminetou, e ocupa outra vez páxinas nos xornais e primeiras planas nos telexornais, lembrándonos a inxustiza que se cometeu no seu día co pobo saharagui e que segue sen ter solución despois de 35 anos. Os saharaguis esperan que os organismos internacionais e os países que promoveron a descolonización do Sáhara, España e Marrocos, faigan posible unha solución ao conflito e que remate o seu exhilio.
Marrocos, coa complicidade dos distintos gobernos de España, ao longo dos trinta últimos anos é hoxe, de feito, o dono destes territorios, o Aaiún e Dakhla (Villa Cisneros) son consideradas cidades marroquís. Estes feitos fan imposible, polo de agora, o dereito histórico de todos os pobos a decidir o seu futuro. Todo fai prever que non será posible a existencia da República Árabe Saharagui, a cal os habitantes da antiga colonia defenderon con tanta forza. O que cabe esperar é que remate o sofremento personal de Aminetou coa súa volta ao Aaiún, e se resolva o problema creado polo goberno de marrocos ao retirarlle o pasaporte. Todo isto serviu para lembrarnos ao mundo que o problema do pobo saharagui segue sen resolverse.