O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A parroquia de Vilaronte é atravesada por un rego coñecido como “Rego da Baesta”, o nome pode levarnos a enganos, xa que dito rego acaba sendo no barrio da Espiñeira un pequeno río que desemboca no río Masma.Este rego ven dende o barrio que da nome,o barrio da Baesta e ven recollendo outros pequenos regatos ata a súa desembocadura no Masma.Nos últimos tempos incrementouse a preocupación dos veciños do barrio da Espiñeira polo importante incremento de maleza nas súas beiras e a continua acumulación desta no seu leito. Esta preocupación vese incrementada xa que neste barrio cando hai choivas importantes, xa non é a primeira vez que houbo que desaloxar varias vivendas que se encontran na beira deste regato,provocadas polo arrastre da maleza que acaba facendo un tapón no ollo da ponte da estrada propiedade da Deputación Provincial de Lugo (LU-P-2002). Hai que dicir que nalgunha destas vivendas viven persoas con mobilidade reducida o que incrementa a perigosidade e preocupación do vecindario.
Esta moción que presentamos neste pleno FPF, foi unha das queixas que houbo na última asemblea da Asociación de veciños e consumidores de Vilaronte.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instar ó Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz,a facer as xestións necesarias coas distintas administracións afectadas, para proceder á limpeza das beiras e leito do “Rego da Baesta”, sobre todo ó seu paso polo barrio da Espiñeira.Dende “Foz,Plataforma de Futuro” entendemos que esta limpeza se debería realizar a partires desta primavera do 2017 para telo en boas condicións para o vindeiro inverno e non ter que lamentar ningún dano material, pero sobre todo persoal.