CERVO .- O grupo Ardora Teatro interpretará a obra Estigmas, orixinal de Francisco Piñeiro, na casa da cultura de San Ciprián. Ardora Teatro é un colectivo creado no ano 2007 por mulleres de San Ciprián, que dirixe Mari Paz Rodríguez Silva.
Nota de Prensa
A obra, orixinal de Francisco Piñeiro, mostrará no escenario o camiño da igualdade e do recoñecemento do protagonismo feminino como unha das pedras angulares da evolución social
ARDORA TEATRO INTERPRETARÁ ESTIGMAS NO AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
DE SAN CIPRIÁN
• A representación terá lugar o domingo 6 de decembro, Día da Constitución, ás 19.00 horas.
Cervo, 30 de novembro de 2009.- Na xornada festiva do domingo 6 de decembro, hai unha cita destacada co teatro, dentro da programación de Nadal que organiza o Concello de Cervo: O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acolle, a partir das 19.00 horas, a obra ESTIGMAS a cargo do grupo de teatro afeccionado ARDORA.
Segundo explica a concelleira de Cultura, Chelo Gallego a representación, orixinal do mestre e escritor Francisco Piñeiro, mostrará no escenario unha apaixonante historia na que se subliña como unha das pedras angulares da evolución social o camiño da igualdade de xénero e do recoñecemento do protagonismo feminino. A interpretación correrá a cargo de Adeli Fernández, Clara Rey, Josefa Núñez, Mª José López, Lidia Pernas, Sara Campo, Adela López e Mari Paz Rodríguez Silva.
TEATRO AFECCIONADO FEMININO
Ardora Teatro é un colectivo creado en 2007 por mulleres de San Ciprián que baixo a dirección de Mari Paz Rodríguez Silva colleitou grandes éxitos nas distintas representacións escénicas realizadas ata o momento: A criada xorda e Desde o Porto a San Ciprián. ARDORA deben o seu nome á fosforescencia natural que na noite desprende un grupo de peixes e que permitía aos mariñeiros de San Ciprián poder pescalos. Un brillo colectivo onde, todos os peixes contan pero ningún é imprescindible.