Nota de Pensa
O TRIBUNAL DE CONTAS CRE QUE HAI INDICIOS DE RESPONSABILIDADE CONTABLE NAS CONTAS DE CERVO
ESTA RELACIONADO COAS DILIXENCIAS ABERTAS POLA FISCALIZACIÓN DAS CONTAS DOS ANOS 2002 E 2003
CERVO, 02 DE DECEMBRO. O Concello de Cervo, a través do seu representante legal, terá que acudir a Madrid o próximo día 11 de Decembro ante o Tribunal de Contas.
O Ministerio Fiscal á vista do informe de Dilixencias Previas 16/08, entende que poden existir indicios de responsabilidade contable. Por tanto acórdase de conformidade con art. 47 da Lei do Tribunal de Contas, citar ao representante legal do Concello de Cervo e ao Ministerio Fiscal para practicar a Liquidación provisional.
Non vai ser o GMS quen faga xuízos previos sobre a xestión económica do PP durante o período fiscalizado polo Consello de Contas e posteriormente polo Tribunal de Contas, pero si pediremos explicacións despois da data establecida para a liquidacion referida.