RIADEO .- A emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) segue incorporando novos colaboradores ao faladoiro que ofrece dúas veces á semana (habitualmente os luns e os xoves). Hoxe, luns, debutou como tertuliana de Onda Cero A Mariña a ribadense Mari Paz Ramos, que foi concelleira de Asuntos Sociais no Concello de Ribadeo e actualmente forma parte da executiva local do Partido Popular.
Mari Paz Ramos compartiu faladoiro nos estudos de Onda Cero en Ribadeo con Azucena González e con Manuel Alberto Fraga, dous colaboradores habituais neste espazo de opinión e debate sobre asuntos de carácter local e comarcal.
O faladoiro é un espazo dentro do programa A Mariña na Onda, que dirixe e presenta Beni Mántaras. Emítese de luns a venres de doce e media a dúas da tarde.