O pasado domingo, 22 de xaneiro os membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” comezaron a camiñar e estrearon as rutas de 2017. Nesta ocasión, a andaina prevista era o tramo que os levaría, polo Camiño Natural Senda do Cantábrico, dende a Casa das Algas (Ribadeo) ata “A Yenka” (Barreiros). Unha intensa choiva repentina, cando chegaban a Rinlo, obrigounos a modificar os plans e rematar alí a ruta, coa intención de retomala dende este punto o ano que vén cando fagan a segunda etapa.
Repuxeron forzas na Yenka, tal como estaba previsto, e despois da sobremesa, e xa que volvera saír o sol, deron un pequeno paseo ata As Catedrais, aproveitando a marea baixa.