BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros entregoulle uns agasallos a Modesta Lombardero, unha veciña que chegou desde Cuba gracias ó programa da Xunta Volver á terra. Modesta esgota estes días de vacacións coa súa familia en Barreiros, xa que o 2 de decembro retorna ó país ó que marchou cando era moi nova.
O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “na mañá de onte visitei a Modesta Lombardero, unha señora que chegou desde Cuba aquí a Barreiros gracias ao programa da Xunta Volver á terra. Ela tiña moita ilusión por volver ver á súa familia despois de 24 sen visitar a nosa terra, pero segue coñecendo aquelas casas nas que viviu desde nena e nas que naceron as súas fillas”. O rexedor engadiu que “estivemos alí preto de dúas horas charlando sobre a situación de Cuba, a situación de Galicia e incluso me interesei por si as prestacións sociais lles chegan alí. Eu creo que eso é algo moi importante e de feito a viaxe que imos facer a vindeira semana a Arxentina tamén é para constatar que as axudas que se envían desde a administración chegan ás persoas. Hai que pensar que tanto Cuba como Arxentina son unha parroquia máis do noso concello e debemos visitalas de cando en vez”.
Fuente Parga sinalou que “Modesta falóunos de que está en contacto continuo co Centro Galego e que coñece ás persoas que están alí e tamén nos falaba do elixir que a mantén así, decíanos que todos os días se toma o seu traguiño de ron-cola, e igual nós temos que tomar nota para conservarnos igual de ben. Nós lle entregamos uns detalles do Concello, para que os leve e siga mantendo o contacto con esta súa terra que é Barreiros e Galicia”.
Albergue de Gondán
Por outra banda no pleno celebrado onte en Barreiros e segundo explica o alcalde “tivemos que tomar un acordo que era a cesión do refuxio e da escola de Gondán así como o terreo á Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo, porque estamos agora mesmo rematando un proxecto para mellorar e ampliar e facer alí un albergue en condicións, adaptado aos días de hoxe e intregalo da rede de albergues”. Fuente Parga engadiu que “o acordo adoptóuse por unanimidade, como non podía ser doutro xeito, para poder facer uns investimentos que poderían chegar ata os 300.000 euros. Os traballos realizaránse desde principios do 2010 sen pechar nunca o albergue e tentaremos ter todo listo en xuño de 2010 ou neses meses que é cando chega a época forte do ano santo”.