A MARIÑA .- A obra teatral “Tirando do fío da vergoña” do Observatorio da Mariña pola Igualde atopase entre as sete finalistas do concruso do Ministerio de Igualdad “Sal a escena”. O día 30 de novembro coñecerase a obra gañadora.
Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña Pola Igualdade FINALISTA no concurso “SAL A ESCENA”, organizado polo Ministerio de Igualdad.
Dende o Observatorio da Mariña Pola Igualdade queremos agradecer a todas aquelas persoas que nos apoiaron co seu voto e que fixeron posible chegar á final deste certame.
A obra “TIRANDO DO FÍO DA VERGOÑA” está entre as sete candidatas na categoría de teatro que optan a acada-lo primeiro premio. O día 30 de novembro coñecerase a obra gañadora.
O concurso “SAL A ESCENA”, organizado polo Ministerio de Igualdad do goberno estatal, ten o obxectivo de destacar iniciativas de curtametraxes, monólogos, teatro ou música que se posicionen en contra de todo tipo de discriminación, a nivel de todo o territorio español.