A Mariña, 28 de novembro de 2016.- A CIG-Ensino convoca ao profesorado interino e substituto a unha asemblea este mércores, día 30 de novembro, ás 18.00 horas, no local sindical de Burela (Arcadio Pardiñas, 137, 1º).
A CIG-Ensino vai a informar sobre a nova situación que se lle presenta ao colectivo a raíz das recentes sentenzas xudiciais, tanto dos tribunais europeos como dos estatais, nas que se evidencia o uso fraudulento dos contratos temporais e se lles recoñece unha indemnización por fin de contrato.
Así mesmo, o TSXG vén de ditar unha sentenza na que se recoñece ao persoal substituto o dereito a que se lle computen como servizos prestados o tempo correspondente ás vacacións non gozadas.
A CIG-Ensino procurará que a Consellaría acepte actuar de oficio e así evitar o inicio dun proceso de reclamacións masivas. Neste sentido, levárase esta proposta á próxima Mesa Sectorial.