Foz a 23/11/2016.- O PSdeG-PSOE de Foz quere que se devolva a todos os focenses o cobrado de máis pola contribución no ano 2014.
Durante o ano 2014 o concello de Foz aplicou dúas subidas da contribución aos veciños e veciñas de Foz que eran incompatibles.
Unha subida do tipo de grávame do 10%, promovida por Rajoy, que se aplicou os anos 2012, 2013 e 2014 e a subida dos valores catastrais, que se aplica o ano 2014 e continuará ata o 2017.
É no ano 2014 cando ambas subidas se solapan sendo incompatibles e así se reflexa nun informe de intervención con fecha do 9/11/2015.
Á vista do citado informe cabe concluír que nese ano 2014 os focenses pagaron de máis e motiva que, o grupo socialista, presente unha moción no pleno deste xoves para que se cuantifique a citada cantidade e se proceda, no período máis breve posible, a súa devolución.
O PSdeG-PSOE lamenta que desde o Concello atendan unicamente a un afán recadautorio e non se achan decatado de tal erro, nin sequera, cando un informe de intervención así o certificou. Esperemos, que con isto se alivien un pouco as maltreitas economías familiares moi machacadas coa subida, en mais de un 50%, da contribución nos últimos anos.