A Mariña, 14 de novembro de 2016. A campaña da Federación de Comercio A Mariña viaxa esta semana a Xove. O 19 de novembro terá lugar o sorteo de 2.000 euros en vales compra para gastar nos locais asociados a Aciam.
Durante estes días os clientes que fagan as súas compras ou consuman na hostalaría local deberán gardar os seus tíckets de compra para despois o sábado, 19 de novembro, dirixirse á carpa de A Mariña Federación, que estará situada na praza do Concello, e alí obterán as rifas para participar no sorteo presencial que se celebrará ás 20.30 horas desa mesma xornada. A organización dará unha rifa por cada tícket superior aos 10 euros.
Os 2.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados á Aciam de Xove repartiranse en 10 premios de 100 euros cada un, un premio de 200 euros, un premio de 300 euros e un premio de 500 euros.
Durante toda a campaña da FCAM, que se desenvolve desde o 10 de outubro ata o 26 de novembro, sortéanse en total 12.000 euros en vales de compra. Xa se celebraron os sorteos en Viveiro, en Ribadeo, en Foz e en Burela. Esta semana tócalle o turno a Xove e no O Vicedo rematará a campaña o vindeiro día 26.