RIBADEO .- A asociación ribadense Atalaia únese a protesta contra a violencia o dia vintecinco de novembro e amosa a súa solidariedade coas vítimas da violencia e “sinalar uns colectivos que, debido á súa condición, son especialmente vulnerables ante os malos tratos e a violencia, co que atopan dificultades engadidas para demandar a axuda necesaria: as mulleres discapacidades e as prostitutas cando son forzadas mediante a violencia e a chantaxe”.
Nota de Prensa
En atalaia unímonos na protesta contra a violencia o DIA VEINTINCO de NOVEMBRO
Polo feito de ser muller podes ser discriminada, ignorada, sometida e subordinada e isto pode ocorrer independentemente do país, clase social, nivel económico, etnia, cultura e idade.
Atalaia quere mostrar a súa solidariedade coas vítimas deste tipo de violencia e sinalar uns colectivos que, debido á súa condición, son especialmente vulnerables ante os malos tratos e a violencia, co que atopan dificultades engadidas para demandar a axuda necesaria: as mulleres discapacitadas e as prostitutas cando son forzadas mediante a violencia e a chantaxe.
Pechar os ollos ante isto é colaborar a que estas discriminacións se sigan producindo.