NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que non minan a labor do bigoberno, porque non hai nada que minar.
Aseguran que o alcalde e Nieves Cando están nerviosos.
Piden traballo, seriedade e rigor ó bigoberno municipal.
O GMPP considera que as recentes manifestacións do alcalde e de Nieves Cando son a viva mostra de que están nerviosos, sen rumbo e levando ó concello a unha situación peligrosa de inactividade e de precariedade económica.
Ante as afirmacións do alcalde de que o PP pretende minar a labor do bigoberno, os populares consideran que non minan nada porque non hai nada que minar, porque a xestión municipal é igual a cero. Ademais, tanto o alcalde coma Nieves Cando tentan ser, con grandes esforzos, goberno pola mañán, pero son oposición pola tarde, atacando á Xunta á primeira de cambio, cando o que tiñan que facer é precisamente buscar os máximos consensos posibles, porque hai problemas que temos que resolver entre todos.
Proba de todo esto son as últimas declaracións de Nieves Cando sobre o aumento da aportación da Xunta de Galicia para servicios sociais, en cáseque un corenta por cento, que ela pretende xustificar tentando emporcallar como fai sempre, ou as disculpas de mal pagador do alcalde porque votou en contra, que esa é a realidade, de que se axilizasen as axudas do Goberno Central ós armadores e mariñeiros polo cese temporal da actividade pesqueira.
Finalmente, os populares consideran que o bigoberno municipal non tén futuro, como non o tivo a Xunta bipartita; non hai proxecto, funciónase por impulsos, cando se debería actuar con rigor e con seriedade; en definitiva pedimos traballo, traballo e traballo, algo que lles queda evidentemente mui lonxe