NOTA DE PRENSA
O alcalde de Cervo é un experto en crear problemas aos veciños, en lugar de dar respostas e solucións
O GMS de Cervo, presentou denuncia ante a Policia Local pola negativa do concello a pechar unha zanxa en Espiñerido
En un novo exercicio de irresponsabilidade municipal, o alcalde de Cervo segue demostrando que pode superarse cada día un poco mais.
O Concello de Cervo asume dunha forma sorprendente o risco de deixar aberta durante mais de 15 días unha zanxa, sen que haxa persoal traballando na mesma, e impedindo o acceso rodado á familia do Nº 7 de Espiñerido.
O GMS presentou ante o rexistro do Concello de Cervo un escrito o luns, 16 de novembro solicitando o peche inmediato da zanxa por motivos de seguridade e para facilitar a evacuación en caso de emerxencia, posto que unha das persoas ten problemas de mobilidade. Á vista de que o Concello de Cervo non atendeu a demanda dos socialistas, presentamos o día 17 denuncia ante a Policia Municipal para que efectúe as dilixencias oportunas.
Non é digno dun mandatario municipal faltar aos principios de servizo aos cidadáns e moito menos, fastidiarle la vida a persoas de edad con problemas médicos. Non acabamos de comprender coma alguén que ten a responsabilidade de gobernar para todos os veciños, pode adicarlle tempo a pensar en coma facer dano aos mesmos. Consideramos ista situación creada, un fracaso persoal do alcalde, motivado pola incapacidade de xestionar con dilixencia e diálogo os posibles problemas ocasionados coma consecuencia da realización dunhas obras.
Por encima de todo, está a seguridade das persoas administradas e en este caso, dita seguridade está en entredito, polo que coa responsabilidade como concelleiros, queremos deixar constancia do asunto para que en caso necesario, as persoas afectadas non queden desamparadas.