Cervo (Lugo), 31 de agosto de 2016.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, dixo este mércores trala aprobación no Pleno da Conta Xeral, no que conta hai un remanente positivo de tesorería dun 1.900.000€, e un resultado Orzamentario de 900.000 euros, criticou que con estas cifras non se atendan as necesidades mais perentorias do Concello, e aludiu a Fomento do emprego, a asistencia Social primaria, no que non se esgotaron as partidas.
O voceiro socialista aludiu a partida sobre abastecemento domiciliario de auga, no Cap. 6 de inversións reais tiñan presupostado 73.519,92 e gastaron 24.946,91, quedando así un remanente de 48.573,01 euros. E no que se refire a partida de Fomento do emprego o Concello deixou sen executar 38.516,99 euros. A maiores tamén deixou sen executar 48.309,87 euros na partida de Asistencia social Primaria, e por último en deportes hai pendente de executar 165.477,89 euros.
Mon Fernández afirma que o Concello do PP gastou 28.986,23 máis do presupostado na Partida de Festas Populares e Festexos, e máis de 7.049,29 euros na Partida de Indemnización de Órganos de Goberno. Por todo isto critica que os cidadáns deste Concello non teñen cubertas as necesidades máis básicas. Advirte que a dia de hoxe hai “parroquias sen saneamento, familias que non poden facer uso da traída de augas pero si que teñen que pagala, instalacións municipais en estado deplorable e outras con falta de mantemento como o Xulgado de Paz, Casa do Mar, hospitalillo de Cervo, a rede de saneamento de S. Ciprián que verte augas residuais sen depurar en Cubelas, a EDAR de Cervo que non resucita e funciona defectuosoame, o saneamento de Figuerido, xa deteriorado e inagurárono fai un ano”, remarcou.
Anaquiño de 18.000 euros para sacar a foto na rúa Galdin
Sobre os arranxos de melloras da vía municipal rúa Galdín, en San Cibrao, cualifica este investimento “como un asunto puramente electoralista, xa que non pensa nos veciños e nas súas necesidades”. Xa que se destina este diñeiro público a unha obra, que se non fora pola nefasta neglixencia urbanística do Goberno Municipal do PP, xa debería estar feita polos propios promotores Inmobiliarios.
Lembrou que neste ano consignan un “anaquiño de 18.000 euros, que pouco mais da que para sacar a foto e vendelo ben electoralmente, pero a obra ata o 2018 como mínimo non estará rematada. Por iso poñen de manifesto a mala e pobre xestión que veñen a realizar, e polo que están a xerar unha frustración total entre todos os veciños, en ver como non teñen programa algún para sacar a Cervo da situación na que nos afondamos día tras día. ”, insistiu.
Transferencia de crédito de 100.000 €
Por último sobre a transferencia de crédito entre as diferentes áreas de gasto por importe de 100.000 €., o voceiro socialista remarcou que “os orzamentos non reflicten que teñan un programa serio para este Concello, e tamén amosan a súa pobre xestión”. Critica que non hai datos claros sobre o sobredimensionamento de partidas, a súa baixa e fraccionamento noutras, xa que como estamos a ver van claramente esta dirixida a solventar varios caixóns de xastre das arcas municipais. “É dicir un 50% para colegas e festas e festexos, o outro 50% transformamos inversión en gasto. Un gasto que o parecer non estaba moi ben cuantificado ou previsto”, concluíu Mon.