Burela 31-8-16. Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2016-17, dende hoxe, 31 de agosto, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co partido de volta da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o sábado (20.00 horas).
Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).
Tarifas de socios/as para 2016-17
Individual: 85 euros
Familiar: 145 euros
Xubilado: 60 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 30 euros
Abono 17 (de 0 a 17 anos): 10 euros
Entradas para Supercopa
O prezo da entrada para Supercopa, este sábado, será de 1 euro para soci@s adult@s e 2 euros para non socios adult@s; os menores de idade terán acceso gratuíto ás instalacións. A taquilla de Vista Alegre abrirá unha hora do inicio sobre a pista, ás 19.00 horas.