Mondoñedo 30 de agosto de 2016. A concelleira de Benestar e Facenda, Ángeles Rodríguez, sae ao paso das declaracións da portavoz do PSOE á que acusa de “ir pedir para ela á Deputación o que non foi capaz de conseguir nin demandar para a súa cidade”. Así, a popular recorda que Esperanza González “só pisa Mondoñedo para acudir aos Plenos, completamente indocumentada e sen facer os deberes, como cando estaba no equipo de Goberno no que nin convocaban sesións plenarias e mentres cobra da institución provincial máis de 30.000 euros ao ano”.