Viveiro, 30 de agosto de 2016.- O cabeza de lista dos populares lucenses e tamén conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde avaliou esta mañá ante máis de 200 empresarios, autónomos e comerciantes da nosa comarca as iniciativas que a súa formación política lidera de cara “Á Mariña do 2020”. O almorzo informativo foi unha oportunidade tamén para coñecer máis de preto as necesidades e retos da Mariña no eido empresarial.
Ademais do número un da candidatura popular ao Parlamento de Galicia o acto contou coas intervencións da presidenta dos populares lucenses e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia e do coordinador comarcal da Mariña e integrante da candidatura popular, Jose Manuel Balseiro.
Os populares falaron de pasado –do obrigado balance da lexislatura que vén de rematar- pero tamén de futuro. “Da Galicia que estamos construíndo, que debe ser unha Galicia que xere confianza e que teña máis capacidade e renovados recursos par apoiar o tecido empresarial, aos emprendedores e a todos os que teñan un proxecto capaz de xerar emprego”
MENOS TRABAS, MÁIS INNOVACIÓN E O EMPRENDEMENTO
Xa na quenda de resposta ás preguntas formuladas polos asistentes, o cabeza de lista popular explicou que os populares seguirán traballando na simplificación dos trámites burocráticos e en eliminar as trabadas que, desde o punto de vista burocrático, atopan os profesionais no exercicio da súa actividade. Con este obxecto, lembrou que a Consellería puxo en marcha a Oficina Doing Business, na que poden alertar dos obstáculos que atopen e suxerir cambios nos procedementos e na lexislación.
Noutro orde de cosas, Conde tamén comprometeuse a, desde a acción de Goberno da Xunta, de reeditar a confianza maioritaria dos galegos, fortalecer os apoios no ámbito da innovación e do emprendemento e nos sectores máis dinámicos da comarca como poden ser o forestal, o pesqueiro, o comercial e o industrial e o do cooperativismo, co obxectivo posto na xeración de emprego.
GALICIA E A MARIÑA CRECEN
Xa para rematar Conde dixo que “hoxe que Galicia estea crecendo ao mesmo ritmo que a media nacional, o feito de que hoxe esteamos tendo récords de exportacións e récords de visitantes no sector turístico, é resultado dun traballo colectivo: dun goberno que xera esta confianza, duns empresarios que están investindo e duns traballadores que están respondendo ás expectativas”.
“Hai un compromiso claro coa Mariña e coa creación de emprego, para o que é necesario crear a estabilidade e a certeza. E esas condicións so as pode garantir un novo goberno do Partido Popular”-concluíu.