A Dama do Suspense, como coñezen á escritora internacional Rhodéa Blasón en ámbitos literarios, foi un soplo de aire fresco na Feira do Libro de Burela, xa que non se axustou para nada aos cánons que marcan as pautas deste tipo de actos. Durante a presentación do libro “Pedazos de mi alma”, Rhodéa Blasón foi entrevistada con grande maestría por Matías Nicieza e Xulia Labrador facendo do acto, entre os tres, un momento moi diferente do que se poido vivir na Feira do Libro e representado pola dulzura, simpatía, sosiego, paz e alegría que irradia a escritora lucense.
Rhodéa Blasón sinalou que algún escritor estranxeiro, compañeiro de antoloxías, di dela “que ten maxia na súa pluma”. Leu un dos poemas que forman parte do libro presentado facendo emocionarse ó público presente no acto pola profundidade das súas palabras. Tamén explicou que aínda que “non me pecho só a un xénero literario porque non me gusta encasillarme, os meus lectores seguen solicitándome textos do xénero negro. Escribo narrativa, pero se teño que elixir dedícome á poesía”.
A autora non deixou de sorrir nun só momento durante a presentación, nin o longo do serán. As súas palabras e os seus xestos transmitían unha paz inusual coa que logrou conquistar ó publico presente e ós seus entrevistadores, á vez que lles facía rir a eles tamén.
Rhodéa Blasón avanzou que o próximo mes verá a luz un novo libro asinado por ela e titulado “El gemelo imperfecto” dedicado ó xénero negro e pouco máis adiante publicará un novo volumen das aventuras do inspector de policía Juan Presto. Avanzou pequenos detalles cos que intrigou os seus lectores, quenes xa lle preguntaban o lugar de presentación destes novos libros o que ela aínda non desvelou.
Sen dúbida, Rhodéa Blasón non deixou indiferente a ninguén en Burela nin os seus lectores que se desplazaron á localidade para coñecela en persoa.