COMUNICADO DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE FOZ.
Ante as manifestacións vertidas en diversos medios de comunicación polo Alcalde de Foz, Sr. Garcia Rivera, en nome do goberno municipal, nas que anuncia que o goberno de Foz prepara un calendario de movilizacións cos veciños de varias parroquias para protestar contra o goberno da Xunta de Galicia, por parar certos proxectos e actuacións en diveros lugares , o Grupo municipal do Partido Popular no Concello de Foz, quere manifestar a todos os veciños do Concello que o Sr. Rivera e o seo grupo, xa nos ten acostumbrados a estas actuacions con pancartas, dado que xa se manifestaron o pasado mes de setembro diante a futura escola infantil, solicitando a su apertura e non tiñan feito a cesión das instalacións a Consellería de Benestar Social para poder levar a cabo tal apertura por parte da Xunta, acordandose no pleno do pasado 30 de outubro tal cesión. Con respecto a estrada Ferreira – Foz, sabe de sobra o Sr. Rivera porqué está sin adxudicar o poxecto das beitarruas, e si él participou na ubicación das paradas dos autobuses, autocares escolares, lugares para colocar as marquesinas, e os contenedores de recollida de basura, que nos diga si están dacordo os veciños que ahora pretende manifestar, con tales ubicacions, para poder facelo xá coma él dí.
Con repecto a estrada Fazouro – San Acisclo queremos decirlle ao Sr. Rivera que tivo catro anos para realizar algunha actuación nesta estrada, e non se acordou dela, é que o novo goberno da Xunta de Galicia no pasado mes de xullo, con dous meses de andanto, e dentro do Plan de Choque destinou para esta estrada 200.000 euros, realizando con este importe a reposición do firme mediante aglomerado desde o barrio de Bargado ( N- 642 ) ata a saída do Morgallón, e que algún membro do seo goberno, presumia o lado do xefe de obra cando se estaba executando.
Por tanto Sr. Rivera, deixese de tantas convocatorias de movilizacións e adiquese a traballar polos veciños do noso Concello, facendo seguimento as obras do plan E, controlando sobre todo que as empresas adxudicatarias cumplan o estipulado nos contratos e sobre todo na contratación do persoal que se comprometeron a facer cando se lles adxudicou a obra, porque para o fomento do emprego, foi creado principalmente o citado PLAN E. Tamen debe de xestionar outras obras,
como exemplo temos a ponte de ferro de Fazouro que vai parecer a obra do escorial polas veces que a prometeo, e axilice o que se comprometeo en pleno coa rotonda de Cangas, que non existe proxecto de Fomento, nen presuposto para o mesmo.
O grupo do Partido Popular de Foz, seguirá traballando por Foz e para os veciños de Foz, sen ningunha diferencia, porque sabemos que si Foz crece o P.P. tamén, aunque outros foron incapaces de executar o que prometeron, intentando engañar aos focenses.