LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará o ciclo de confererencias “Impactos Ambientais: Os bosques galegos”, que se celebrará dende o 16 ata o 19 e dende o 23 ó 25 de novembro no Pazo de San Marcos. A produción dos montes e masas arbóreas de Galicia abre a vixésima edición desta iniciativa que o organismo provincial organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
O ciclo contará con máis de 100 asistentes. No acto inaugural, Gómez Besteiro estará acompañado polo Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parado, do Presidente da Real Academia Galega das Ciencias, Ernesto Vieitez Cortizo, ademais de outros membros da RAGC.
Distintos especialistas en medio ambiente da Universidade de Santiago de Compostela tratarán temas como a produción e os servizos dos montes, a historia dos bosques de Galicia, o patrimonio natural da Comunidade, ou os espazos protexidos. O programa de “Impactos ambientais: Os bosques galegos” pódese consultar na páxina web da Deputación.
Os participantes recibirán un diploma acreditativo e os estudantes tamén obterán unha certificación para o recoñecemento dun crédito de libre configuración.