Mondoñedo, 30 de xuño de 2016.- As piscinas de Mondoñedo xa están preparadas para a súa apertura este venres día un de xullo. A través do concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, infórmase da posta a punto que se fixo este ano das instalacións co amaño completo da piscina de chapoteo (para os nenos pequenos) co cambio do fondo do prato de agua; o amaño dos plenilubios da piscina e das duchas propiamente ditas (todo o amaño de fontanería das duchas dos plenilubios), posta ao día de xardinería, limpeza das instalacións,…
Informan tamén dos traballos que se están realizando no arranxo do bar da piscina, os cales se acabarán en breve.
Este venres é a apertura das piscinas, cuxas instalacións abren os meses de xullo e agosto en horario de 12.00 a 20.00 horas durante toda a semana. Infórmase que os interesados poden pagar o bono da piscina na oficina de ABANCA en Mondoñedo, e tramitar os carnets de socios nas instalacións da piscina.
Os interesados nos cursos de natación poden acudir polas instalacións da piscina a partir deste venres para informarse dos horarios.