Viveiro, 17 de xuño de 2016.- Título da charla: Vida nunha pinga de auga de mar
Día: 21/06/2016
Hora de inicio: 20.00h
Poñentes: Lara García Alves; Helena Rodríguez Domínguez. Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña. Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC Vigo.
Descrición: Hai vida nunha pinga de auga de mar? Nesta charla amosarase que se observa nunha pinga de auga de mar, dando a coñecer aos organismos que forman parte do plancto e a súa importancia na cadea trófica. Mediante a observación directa a través de lupas estereoscópicas, os participantes poderán identificar aos animais que constitúen o plancto mariño, e deste xeito percatarse dos cambios que teñen que sufrir moitas especies coñecidas polo público, como o polbo, a centola ou a langosta, para chegar a ter a forma que todos coñecemos.