NOTA DE PRENSA
Unha xestora encargarase de asumir a dirección provisional do Partido Popular en Foz tras a renuncia de Angel Cao
Lugo, a 9 de novembro de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro compareceu hoxe xunto co Presidente da agrupación local en Foz e voceiro do grupo municipal neste concello Angel Cao para explicar que, por cuestións persoais e laborais, este último pon os seus cargos, tanto na agrupación local como no grupo municipal, a disposición do partido pola imposibilidade de compatibilizar os seus cometidos profesionais coa adicación que lle requiren neste intre as súas responsabilidades políticas.
Así as cousas, esta mesma tarde o comité executivo provincial aprobará o inicio dos trámites para proceder á constitución dunha xunta xestora que asumirá a dirección da agrupación popular de Foz ata que non se convoque un congreso e se elixa unha nova executiva local. Barreiro confirmou que Cao formará parte desa xestora, cuestión ratificada polo propio Cao, quen insistiu que a súa decisión responde a cuestións estrictamente persoais e profesionais e que continuará a formar parte do Partido Popular en Foz.
No que atinxe ó Concello de Foz a súa renuncia confirmarse no vindeiro pleno municipal e o seu posto de concelleiro será cuberto polo seguinte na lista, Verísima Eiroá Couto.
Barreiro agradeceu o traballo desenvolvido durante estes anos por Angel Cao tanto ó fronte do PP de Foz como do grupo municipal, unha laboura que, segundo dixo, permitiu ós populares acadar moi bos resultados nas últimos comicios celebrados e que conlevará incluso que nas vindeiras eleccións municipais o PP poida gañar a Alcaldía.