RIBADEO (FNC) .- ACISA y CCA denuncian o dano causado aos seus asociados e aos veciños polos cortes que se produciron na subministración eléctrica na xornada do domingo en Ribadeo.
O presidente, Gervasio Cao, asegura que “emprenderemos medidas legais contra os responsables desta situación, salvo que nos dean algunha explicación convincente. Isto non se pode permitir. Si a solución pasa pola subestación eléctrica poñámoslle coto xa e busquemos saídas de inmediato”. Cao cre que “non se pode estar a pensar na subestación porque agora mesmo non é unha realidade. Temos o inverno por diante e non podemos seguir con estes cortes na subministración porque un día chova un pouco”.
Os cortes de onte “ocasionaron perdas importantes, sobre todo ao sector da hostalaría porque algún se prolongou entre as 13.30 e as 16.00 horas que é precisamente cando se están preparando e servindo as comidas. E tamén ao comercio que no caso de Ribadeo abre os domingos e onte tivo que soportar cortes no fluído eléctrico desde media mañá”, explicou tamén a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen