NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que PSOE e BNG están en contra de axilizar as axudas a mariñeiros.
Fernández Valle asegura que esto “non lles vai sair gratis”.
O concelleiro popular cifra en millón e medio de euros a deuda de Zapatero coas familias dos mariñeiros de Burela.
O GMPP de Burela asegurou hoxe a través dunha nota de prensa que PSOE e BNG votaron no pleno do pasado xoves en contra de que o Goberno de Zapatero axilice os pagos pendientes a mariñeiros e armadores polo cese obrigatorio temporal da actividade pesqueira. Deste xeito, segundo o PP, o alcalde e Nieves Cando posiciónanse claramente en contra do sector pesqueiro, que é sen dúbida o máis dinámico do noso concello e de toda a Mariña. O PP asegura que a inmensa maioría dos afectados ainda non recibiu nin un só euro.
O concelleiro popular Manuel Fernández Valle, que defendeu no pleno a proposta do PP de esixirlle ó Goberno de Zapatero que axilice os pagos indicados, asegurou que o retraso vén do ano pasado xá que o inicio do cese era obrigatoriamente antes do 31 de decembro de 2008, resultando afectados en Burela unhas corenta embarcacións e preto de cincocentos mariñeiros. Ese retraso no cobro de cantidades que como mínimo son de corenta e cinco euros por día está causando un dano enorme ás economías familiares afectadas. En total, sobre millón e medio de euros.
Fernández Valle indicou que a posición do bigoberno burelés, de darlle as costas ós mariñeiros, pasarelles ampla factura a socialistas e nacionalistas, porque a xente do porto está indignada con estes retrasos que lle afectan directamene á vida diaria das familias. Indicou ademais que o BNG non estaba presente no Congreso dos Deputados cando se votou esta iniciativa do PP, que tamén no Congreso foi rexeitada polo PSOE. Manuel Fernández lembrou que a competencia é única e exclusiva do Goberno Central e sólo a el hai que esixirlle o pago inmediato das contías que se adeudan.
Pero o concelleiro popular foi máis alá, e tachou a política do bigoberno burelés de cara ó mundo do mar de “política de parranda”. Así, dixo que a Fundación EXPOMAR está a pasar problemas por culpa da pasividade do alcalde. Tamén indicou que desde o concello se fan moitas festas gastronómicas con productos do mar que logo non se traducen na defensa dos mariñeiros e armadores, e algunhas delas que se din que son gratuitas resulta que non o son e salenlle ó concello nun pico. E por último destacou a súa sorpresa porque a concelleira do Mar, Remedios López, estivera calada durante o debate, lamentamos que a sua única participacion fora para votar em contra da moción.
O problema, segundo Fernández Valle, é que, excepto un dos concelleiros do bigoberno, ningún deles, e menos o alcalde, coñece nin por riba a problemática do mar, non viven os problemas deste sector e polo tanto veno distante e de lonxe.