NOTA DE PRENSA
O GPPP califica de inaudito e inxustificable que o desbroce das vías provinciais esté sen rematar
* Os populares suliñan que non valen excusas porque a Deputación ten este ano moitos menos concellos nos que actuar, só 18
Lugo, a 1 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular calificou de inaudito que a Deputación recoñecera que a piques de rematar o mes de outubro as tarefas de desbroce das vías provinciais non estén rematadas.
Para os populares a resposta dada no último pleno sobre o estado no que se atopaban estos traballos ratifica novamente a vagancia que impera no equipo de goberno provincial.
Este retraso é absolutamente inxustificable, máxime si se ten presente que moitos dos municipios da provincia optaron por asumir directamente esta competencia, precisamente pola demora da que son obxecto estas tarefas dende a chegada do goberno bipartito provincial.
Non vale, ó entender dos populares, ningún tipo de excusa porque nesta campaña, ademais do xa mencionado feito de que se reduxo considerablemente a superficie sobre a que debía actuar a Deputación, a contratación e os prazos para a súa execución foron establecidos polo propio goberno provincial.
O ritmo de traballo da administración provincial é tan lento que dos 47 concellos da provincia que asumiron directamente a realización destes traballos, a estas alturas únicamente dez, é dicir pouco máis do 20 por cento, recibiron os cartos correspondentes. Este retraso non pode achacarse á falla de fondos, xa que nos orzamentos hai consignada unha partida específica para este fin.