Lugo, 15 de marzo de 2016.- Ante as novas xurdidas, nos medios de comunicacións social, dende o pasado venres, trece de marzo de 2016, nas que se veñen cuestionando a legalidade das partidas do fondo social da Deputación de Lugo.
Os órganos de representación dos traballadores da Deputación de Lugo, Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, por acordo unánime, queren manifestar o seguinte:
1 A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa rexeitan que se criminalice o fondo social da Deputación e aos empregados públicos que, en aplicación dun CONVENIO COLECTIVO e dun ACORDO MARCO, se acolleron ou acollen ao estipulado nestes textos en materia de axudas sociais.
2 A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa non poden tolerar que se dane o prestixio e a imaxe da institución nin dos empregados públicos da mesma, polo que no vemos na obriga de aclarar diversos extremos en relación coa información publicada sobre o fondo social:
A Deputación de Lugo acordou no ano 1990, cos representantes sindicais daquela época, un CONVENIO COLECTIVO para persoal laboral e un ACORDO MARCO para persoal funcionario no que se establece, entre outras cuestións, un fondo social.
Estes acordos son absolutamente equiparables aos existentes na actualidade en moitas outras administracións públicas do Estado español (administracións locais, autonómicas, estatais…).
Dende o ano 1990 todas as axudas contempladas no devandito fondo social, estiveron suxeitas a fiscalización tanto no seo da propia entidade como por parte dos órganos competentes do estado (Tribunal de Contas), órganos da Comunidade autónoma (Consello de Contas), Goberno Civil ou Subdelegación de Goberno e órganos xudiciais, sen que NUNCA se informase ou advertise de que o fondo social da Deputación tivese irregularidade algunha de carácter xurídico-penal.
Tanto a regulación das axudas como as súas convocatorias, foron e son públicas, ao igual que o CONVENIO COLECTIVO e ACORDO MARCO no que se sustentan, sendo publicadas no Boletín Oficial da Provincia.
O fondo social existente dende hai mais de trinta anos e a súa aplicación, de ningunha maneira poden vincularse cos feitos que se están a investigar no marco da denominada “operación pulpo”.
3 Defendemos a legalidade do fondo social, pois nunca, como xa queda dito ningunha administración pública, xudicial ou fiscalizadora puxo péga ou reparo algún ao mesmo.
Por todo o exposto, dende o maior respecto á investigación xudicial aberta, invocamos a presunción de inocencia de todos os traballadores da Deputación Provincial de Lugo.