A Asociación de veciños do burgo de Trasbar organiza a festa da Pascua en Trasbar para o domingo 27 de marzo a partir das dúas da tarde no campo da festa que acollerá un xantar que contará con carpa e animación musical.
Haberá misa ás 14.00 horas e posterior sesión vermú. Posteriormente, tamén haberá baile co dúo Agua Marina.
Os interesados en participar deben anotarse antes do 19 de marzo por un prezo de 12 euros -os socios-, 15 as persoas alleas á asociación ou 7 euros no caso dos nenos e nenas de entre 2 e 12 anos. O pagamento realizarase no momento da reserva a través dos membros da directiva ou do enderezo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es.