NOTA DE PRENSA
O GMPP solicita que se axilice o pago a armadores e mariñeiros das axudas polo cese temporal obrigatorio da actividade pesqueira.
Fernández Valle e Barcia din que hai unhas corenta embarcacións burelesas afectadas.
Aseguran que moitas axudas de 2008 ainda non se cobraron.
O GMPP de Burela, a través dos seus concelleiros Manuel Fernández Valle e José María González Barcia, presentou hoxe unha moción no Concello para solicitar do Goberno de Zapatero que se axilicen os pagamentos a mariñeiros e armadores polo cese temporal e obrigatorio da actividade pesqueira. Os populares aseguran que ainda non se cobraron as axudas correspondentes ó ano 2008.
Manuel Fernández lembrou que a normativa que obriga ó cese temporal da actividade pesqueira de determinadas artes e zonas está regulada nunha disposición legal do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, que dirixe a galega Elena Espinosa, e polo tanto quen tén que abonar tales pagamentos é o Goberno de Zapatero.
Fernández Valle indicou que no porto de Burela hai corenta embarcacións afectadas, e que o número de mariñeiros achégase ó medio millar. Este retraso, segundo o concelleiro popular, supón un importante quebranto para as economías familiares, e non hai que perder de vista a enorme e vital importancia do porto de Burela na economía burelesa e mariñana.
O edil popular entende que só hai unha forma de solucionar: pagar mes a mes, porque hai que entender esta axuda coma unha compensación polo soldo que nonse cobra e porque o cese da actividade pesqueira é obrigatorio.
Ademais, Fernández Valle indicou que o seu grupo pedirá que o Pleno burelés eleve unha queixa formal ó Goberno de Zapatero por este retraso. O concelleiro popular entende que o concello tén que defender os intereses dos nosos conveciños e facerlle chegar ó goberno que entre a xente do mar hai bastante malestar por este retraso que orixina graves problemas ás familias afectadas.