RIBADEO .- Mañá celébrase en Ribadeo o II Curso temático de educación infantil na Mariña que este ano versa sobre Os trastornos do desenvolvemento e atención temperá. Está organizado polo departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do IES Dionisio Gamallo Fierros e a Concellaría de Muller, Educación e Cultura. Nesta edición hai 125 persoas inscritas, co que se superan as cifras do ano pasado. A inauguración do curso terá lugar mañá sábado ás 9:30 da mañá no IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.
Desde a organización apuntan que se trata “dun curso referencial na comarca da Mariña e no Occidente de Asturias e que xira arredor dunha temática complexa e necesaria en aras de previr e poder adoptar a tempo medidas que garantan unha vida o máis normal posible dentro das limitacións dos nenos e nenas que padecen trastornos de desenvolvemento”