BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, tilda de positivo o rexeitamento por parte dun xulgado de Lugo dos recursos presentados pola Xunta nos se que solicitaba a anulación de licencias para a construción de 157 vivendas en San Miguel de Reinante. Fuente Parga di que “continúa sen evaluarse o fondo do asunto polo que se xerou esta polémica que é a interpretación do tipo de suelo. É dicir si é suelo urbano consolidado ou non consolidado e iso non se entra a valorar, senón que só se valora a extemporaneidade dos recursos presentados pola Xunta”.
O rexedor de Barreiros engade que “me alegraría máis que se evaluara o fondo da cuestión e que a sentencia dixera que o suelo no que se concederon as licencias é suelo urbano consolidado, xa que así o mantemos nós en base aos informes que temos tanto técnicos do Concello coma externos. Eses informes avalan que todas as parcelas contan con todos os servizos”. Alfonso Fuente considera que esta decisión do xulgado do contencioso de Lugo “non posibilita que se revisen as licencias concedidas nestes casos dos que estamos a falar. Agardamos que estas sentencias non freen o traballo que estamos levando a cabo entre Política Territorial e o Concello para sacar o PXOM adiante”.
Plan Xeral
Alfonso Fuente asegura que “esta semana recibimos no Concello os vós que nos enviou a Xunta que estaban pendentes de sernos remitidos desde o ano 2003. Agora estamos traballando con esa cartografía que era necesaria. era o primeiro paso para iniciar o PXOM. Dentro duns días se contratarán os servizos de traspaso dos datos ao planeamento e queremos ter un avance, un boceto do Plan Xeral a finais de ano. Estamos traballando a bó ritmo”.
O alcalde de Barreiros descoñece cal será a resolución do xulgado para os outros recursos que tamén ten presentado a Xunta de Galicia “non sei si van ser todos extemporáneos ou non. Teñen máis presentados porque hai un expedente de revisión sobre todas as licencias concedidas practicamente polo noso Concello”.