NOTA DE PRENSA
O PP pide preto de 16 millóns de euros máis para a Mariña
* García Díez afirma que as propostas populares son “realistas”: en moitos casos trátase de cantidades simbólicas para comprometer ao goberno de ZP con proxectos significativos para a comarca
Viveiro, venres, 23 de outubro de 2009.- O Partido Popular presentou hoxe, en Madrid, unha batería de enmendas aos Presupostos do Estado e coas que pretenden “corrixir e mellorar diferentes actuacións que beneficiarán á provincia”.
A xuizo dos deputados nacionais os orzamentos de Zapatero van a sumir ao país nunha situación moito peor que a actual: o incremento da débeda, repercusions no emprego … van aparellados ás contas que o PSOE vén de aprobar no Congreso.
Os populares Joaquín García Díez e Olga Iglesias puxeron de manifesto que “a nosa obriga é tratar de correxir as deficiencias atopadas nos Presupuestos Generales del Estado para 2010. As de este ano son unhas enmendas limitadas. Sería unha contradicción estar pedindo contención do gasto, austeridade, e que se centren os esforzos nos investimentos reais para logo presentar unha chea de propostas irrealizables”.
García Díez destacou que en moitos casos trátase de cantidades simbólicas “o que pedimos e que se inicien, saber si hai unha vontade politica real de levar a cabo iniciativas moi concretas para A Mariña”
Enmendas Mariña.-
Entre as enmendas rexistradas polo Partido Popular destaca un paquete importante para infraestructuras “con nome e apelido” da Mariña lucense. Dos 70 millóns de euros que se piden para a provincia 15.510.000 euros son para esta comarca.
Con cargo aos orzamentos do Ministerio de Fomento os populares solicítaron incrementar en 200.000 euros o investimento do Corredor de San Ciprian-Barreiros (Conexión con la A-8) (30 Km); tamén se presentou outra enmenda de medio millón de euros para a ronda oeste de Ribadeo.
Tamén hai enmendas específicas para iniciar xestións ecamiñadas á apertura ao tráfico comercial do dique norte do porto de Alcoa. Para este proxecto reclaman un millón euros. Nas enmendas do PP figura outra partida de 300.000 euros para a construcción do edificio da capitanía marítima de Burela.
Os populares pediranlle ao Ministerio de Cultura que acepte dúas enmendas, unha de 10.000 euros para rehabilitación das alas norte e oeste do convento de San Francisco de Viveiro e outra, de 600.000 euros, para o Centro Cultural “Alvaro Cunqueiro”.
A estas enmendas territorializadas hai que sumar outras relacionadas con infraestructuras do Plan Galicia e que beneficiarán a comarca da Mariña. Trátase de tres millóns euros que os populares reclaman para o AVE Cantábrico así como dos 10 millóns de euros para a Autovía A-8 do Cantábrico.