Nota de Prensa
O GPPP afirma que o orzamento e o estado das obras dos polígonos industrias promovidos pola Deputación non se axusta ó que di Besteiro
* Os populares insisten en que o desenvolvemento do plan de dotación de chan industrial vai moi lento ou con retraso
* González Barcia asegura que a inversión prevista para este ano por Suplusa é de 6,5 millóns de euros
Lugo, a 23 de outubro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular anima ó Presidente da Deputación provincial José Ramón Gómez Besteiro a “aportar algo propio e novo” ó programa de actuación previsto dende 2006 para crear, a través da Sociedade Urbanística Provincial, chan industrial.
Para o voceiro adxunto dos populares na administración provincial José María González Barcia en dous anos e medio non se avanzou prácticamente nada no desenvolvemento deste plano de actuación. “A actividade da Deputación limitiouse a continuar a tramitación dos proxectos iniciados polo anterior goberno provincial, moitos dos cales acumulan un retraso considerable ou atópanse literalmente paralizados. Resulta evidente e significativo, por tanto, que o ritmo de creación de chan industrial ralentizouse drásticamente coa chegada do bigoberno, en contraste co dinamismo que neste eido imperaba durante a etapa anterior”, indicou.
Así, segundo explican dende o GPPP, en 2006 estaban previstas actuacións en áreas industriais de 31 concellos da provincia, as mesmas que se mencionan nas previsión de 2009, co único engadido dos polígonos de Chavín (Viveiro) e Triacastela.
“Deste xeito, ó contrario do que afirma Gómez Besteiro, pouco novo hai e, polo tanto, as cousas non van nin tan ben nin tan rápidas coma el asegura”.
Así, por exemplo, no caso de Cospeito está aínda sen facer o proxecto de urbanización e non se iniciou o de expropiación; no de Guntín só se fixeron xestións para a adquisición dos terreos; no de Pol hai problemas para a súa ubicación; no de Friol hai problemas cos accesos; no de Ourol seguen sen resolver as deficiencias do vial de acceso (a CP 3809) e as obras de reparcelación ou de dotación de servicios están sen rematar polo que, polo momento, só se puido instalar unha empresa; e no de Vilalba, pese a que se anuncia unha inversión de dous millóns de euros, non hai nada concretado sobre elo.
Ademais, en moitos dos concellos, sobre todo naqueles que precisan un plan de sectorialización, os proxectos de planeamento corren a cargo das propias administracións locais.
INVERSIÓNS.-
No que atinxe ó montante das inversións, González Barcia tapouco considera que a xestión de Gómez Besteiro destaque pola súa eficacia.
“Fala de 92 millóns de euros de inversión, pero do que tiña que falar en realidade é de previsións de gasto, e a longo plazo ademais, porque dende logo nos orzamentos de Suplusa para este ano só están recollidos 6,5 millóns de euros”, puntualizou Barcia.
Así, nas previsións de 2006 e 2007, “as realizadas polo anterior equipo de goberno da Deputación”, matizou González Barcia, as previsións de inversión na creación de chan industrial ascendía a 82,5 millóns de euros. A Deputación bipartita engadiu dous millóns máis nas súas previsións de 2008, das que casi 1,5 millóns estaban destinadas a O Incio e Begonte. “O Sr. Besteiro suma, para facer a conta redonda dos 92 millóns, os 6,5 que figuran no orzamento deste ano de Suplusa, para invertir nos polígonos de Ourol, Begonte, Baleira, Friol, Chavín (Viveiro) e Triacastela, dos que únicamente os dous últimos son actuacións incorporadas pola actual Deputación”, engadiu.
“En definititiva, que nin a inversión é a que dice que é, nin os proxectos van tan avanzados como dice que van”, apostillou.