NOTA DE PRENSA
O GMPP burelés solicita que Zapatero non aumente impostos.
Os populares lembran que os presupostos da Xunta non contemplan aumento da presión fiscal para 2010.
O GMPP de Burela anunciou hoxe que vén de presentar unha moción na que se solicita do Goberno de Zapatero que non leve a cabo a pretendida subida de impostos contemplada para 2010.
Para os populares, o incremento da presión fiscal que pretende levar a cabo Rodríguez Zapatero e o PSOE provocarán unha baixada no consumo, o que traerá unha prolongación da crise económica e un incremento do paro.
O GMPP considera que serán os traballadores e as clases medias as que sufran o incremento dos impostos, traballadores e clases medias que forman, no caso de Burela, unha amplísima maioría da súa sociedade.
Ademais, os populares contrapoñen á subida de impostos de Zapatero a política de Núñez Feijoo para 2010: a Xunta de Galicia non incrementará os impostos que son da súa competencia. Por eso, os populares solicitan a retirada inmediata da proxectada subida de impostos nos Orzamentos Xerais do Estado para 2010 por inxusta e antisocial, xa que recaerá sobre todo nas clases medias e nos traballadores.
Polo tanto, e á vista de que o bigoberno burelés tén previsto conxelar as taxas e os prezos públicos municipais para 2010, o que o PP ve razonable, consideramos que PSOE e BNG deben apoiar a iniciativa de non aumentar os impostos a nivel estatal, que perxudicará gravemente o tecido socioeconómico burelés.