NOTA DE PRENSA
A nosa comarca, “volve a contar para a Xunta” que pasa a converterse nun obxectivo prioritario do esforzo orzamentario do Executivo popular
MÁXIMA SATISFACCIÓN NO PP TRAS COÑECERSE QUE O GOBERNO DE FEIJOO TRIPLICA O INVESTIMENTO DA XUNTA NA MARIÑA LUCENSE
* A Xunta destina 44,11 millóns de euros no 2010 para obras, servizos determinados nos distintos concellos da Mariña lucense o que supón un 194% máis ca o bipartito.
* O investimento por habitante pasa de 199 euros no 2009 a 583 euros co Partido Popular.
A Mariña lucense, 19 de outubro de 2009.- O Partido Popular da Mariña fixo unha primeira valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2010 e a súa incidencia na nosa comarca. Os deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez Chao expresaron a “máxima satisfacción” dos populares mariñaos tras coñecerse que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo triplicará o investimento na Mariña con respecto ao ano 2009.
Malia que informan da inminente convocatoria dunha rolda de prensa na que se fará unha análise desagregada de cada unha das partidas incluídas nos orzamentos galegos, os populares xa adiantan que A Mariña volve a contar para a Xunta, xa que a nosa comarca pasa a ser un obxectivo prioritario do esforzo orzamentario do Executivo galego. A Xunta achegará máis de 44,11 millóns de euros para obras ou servizos determinados a realizarse ao longo do ano 2010 nos distintos concellos da nosa comarca. “Hai que aumentar o esforzo e o investimento alí onde antes non se facía, para garantir o reequilibrio territorial e poñer fin a débeda da Xunta coa Mariña”. Si co bipartito no 2009 tan só preveron gastar 14,9 millóns de euros, co PPdeG e no 2010 a suma do gasto chegará aos 44,1 millóns de euros, isto é un 196% superior, “o que da boa conta do compromiso do novo Goberno coa Mariña”
Os cálculos deixan entrever tamén outro dato moi positivo, mentres quen o 2009 (últimos orzamentos elaborados polo malogrado Goberno bipartito) o investimento por habitante era de 199 euros, no 2010, grazas ao impulso do Partido Popular o gasto por cada mariñán chegará a 583 euros. “Está claro que o cambio de Goberno traería consecuencia positivas para a nosa comarca. Rematou o tempo da desidia e indiferenza do PSOE e máis do BNG. Chegou o momento de apostar pola Mariña, dan man do Partido Popular”
Cadro 1: Comparativa Orzamentos da Xunta
(Investimentos con destino determinado – Territorializados)
A) En importe total:
Anualidade Total en euros
TOTAL ORZAMENTOS 2009 14.967.958
TOTAL ORZAMENTOS 2010 44.113.217
DIFERENCIA 2009-2010 + 29.145.259
B) En gasto medio por habitante:
GASTO MEDIO POR HABITANTE 2009 199
GASTO MEDIO POR HABITANTES 2010 583
* Poboación estimada: 75.686 habitantes na Mariña (IGE 2008)