Viveiro, 1 de novembro de 2015.- O día 30 de novembro pola tarde tivo lugar un curioso casting en Viveiro. Tratábase de buscar un Papá Noel cunha orixinal iniciativa que partiu do Centro Comercial Histórico de Viveiro.
Seis candidatos foron os que se presentaron para un traballo tan singular. A sorpresa levárona cando viron que eran os Tres Reis Meigos os que realizaban a entrevista e ocupábanse da selección.
Os perfís eran en grao sumo diverso… diplomados, técnicos en Educación infantil, animación sociocultural, adestradores infantís e ata algún candidato con estudos de Maxisterio.
A entrevista consistía nunha parte máis formal para coñecer aos candidatos, pero tamén unha parte máis informal para probar o seu bo humor, a súa simpatía e a súa paciencia.
Decidir o candidato foi difícil, todos os aspirantes estiveron á altura e se mimetizaron rápidamente co papel. Finalmente o elixido foi Ivan Sande, un mozo con experiencia en realización de actividades para nenos.
A Casiña de Papá Noel estará instalada na Praza Maior desde o 18 ao 24 de decembro para que os máis pequenos poidan achegarse a deixarlle as súas cartas, sacar unhas fotos e levar caramelos cos que endulzar os Nadais.