Tres representantes das Escolas Lourenzá acudían o pasado sábado ás pistas de Atletismo de Narón para a disputa do seu trofeo.
Unha excepcional Ainara Rodríguez impoñíase na carreira absoluta de 3000 m. lisos con atletas cadetes e xuvenís cunha marca de 11,27,02 e facía tamén o dobrete coa vitoria nos 60 lisos infantil cun tempo de 8,72.
Aleix Díaz, pola súa banda, lograba tamén o dobrete en 500 e 60. Marca estratosférica en 500 polas alturas da temporada nas que estamos cun 1,22,41 e vitoria tamén nos 60 con 8,74.
Participaba tamén Brais Díaz cun 10º posto en 500 alevín cunha marca de 1,42,43.
Cros Popular Villa de Gijón
Tamén nos representaba Ana Vallines o domingo en Asturias na 37ª Cros Popular Villa de Gijón, logrando o subcampionato na categoría infantil nesta prestixiosa proba.