Foz, 30 de novembro de 2015.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 25 de Novembro “Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan á colocación dun taboleiro de anuncios no barrio de “O Apeadero” na parroquia de Nois.Estes taboleiros son moi usados para a colocación de distintos avisos,bandos,actividades, esquelas, etc.
O segundo rogo consistía en solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de goberno que procedan a por un cartel sinalizador na N-642, na parroquia de Nois, en dirección Burela do local social de “A saira”, xa que nestes momentos existe gran dificultade para saber o momento oportuno no que se debe coller a estrada que leva a dito local.
E o terceiro rogo que facía FPF neste último Pleno consistía en solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a reparar as deficiencias existentes nas farolas, sobre todo as do Casco Urbano,onde unha gran maioría atópanse sen as tapas protectoras onde van empatados os cables da corrente, o que consideramos é moi perigoso sobre todo pensando en nenos e nos animais.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
-Solicítalle ó Alcalde de Foz información de si ten coñecemento nestes momentos como membro do Padroado do Asilo de Foz, que se vai facer con este edificio cando estea en pleno funcionamento a nova Residencia.A resposta do Sr. Alcalde foi que “non pode asegurar agora que vaia seguir o asilo”. ¿Que nos pode asegurar entón? ¿Que vai quedar abandonado? Que a poucos meses de que vaia ser inaugurada a nova residencia de anciáns inda non saiba que vai ser do asilo, di moi pouco o seu favor.
-O alumeado do campo de fútbol de Cangas o paga o Concello de Foz, sen embargo, recibimos queixas dos veciños desta parroquia que nos comunicaron que este alumeado acéndese os sábados cando hai o baile, FPF preguntaba si iso era certo, e si así era porque se acende. A resposta do Concelleiro de obras o Sr. Pedro manín que non ten constacia, pero vai a informarse.
-E a última pregunta que FPF facíamos neste último Pleno era si o Alcalde nos podía dar os datos de canto ía gastar o Concello de Foz no alumeado de Nadal e canto ía poñer a ACIA.Polos datos que calcula o equipo de goberno, din que gastarán entorno a 5000 euros para ambientar o casco urbano e así favorecer o comercio local. ¿E nas parroquias? ¿gastarase algo?