O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro interpelará mañá xoves, na Comisión de benestar do Parlamento de Galicia, ao secretario xeral técnico da Consellería do Política Social, Francisco Javier Abad Pardo, sobre a futura residencia de Ribadeo.
O parlamentario lembra que o Goberno galego outorgou a autorización oportuna para a construción desta residencia para persoas maiores e dependentes e que a propia Xunta indicou a súa vontade de colaborar –a través da sinatura dun convenio económico– no cofinanciamento da obra desta nova residencia.
O número dous da consellería de Política Social debe confirmar, en sede parlamentaria, cada un dos pasos dados pola Xunta e polo Concello en relación con esta proposta de convenio e, en particular, aclarar a situación de bloqueo que protagoniza o alcalde nacionalista que aínda non atendeu aos requirimentos de documentación realizados desde a administración autonómica.
Balseiro insiste en que se todas as administracións traballan no mesmo obxectivo –dotar a Ribadeo dunha residencia- non ten sentido continuar coa situación de bloqueo actual e insta ao alcalde e ao equipo de goberno nacionalista a rectificar a súa actitude chegar a un entendemento, que pasa por remitir a documentación que se lle solicita.