O Valadouro, 24 de novembro de 2015.- A vindeira fin de semana, remata o ciclo de conferencias sobre a loita anfascista na Galiza organizadas pola concellaría de cultura que lidera Eduardo Chao.
Nesta ocasión tócallle o turno a Manuel Monge que nos traerá a conferencia que levará por título “A recuperación da memoria democrática. A historia secuestrada polo franquismo”.
O acto será o vindeiro sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas no salón de actos do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade “Manuel Lourenzo” do concello de O Valadouro.
A entrada como de costume é de balde.