O Concello de Viveiro aprobará nos vindeiros días as “Bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro” en cumprimento do Plan Estatal Vivenda 2013-2016.
En base a este documento, as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns co fin de adecualas á normativa vixente e que estean ubicadas dentro do Casco Antiguo, poderán solicitar as subvencións no momento en que se abra o prazo de presentación de solicitudes. Co fin de axilizar o proceso ás persoas interesadas o Concello de Viveiro avanza a documentación que será necesaria para solicitar as subvencións. Dita documentación é:
A.- Documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación.
a) Se o promotor/a é unha persoa física ou xurídica;
1/ Fotocopia do documento identificador da persoa que asine a solicitude ou Documento acreditativo da constitución da sociedade .
2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación.
B) Se o promotor/a é unha comunidade de propietarios constituída, presentará ademais:
1/ Documento acreditativo da constitución da comunidade.
2/ Documento acreditativo da representación coa que se actúe.
3/ Acta ou certificado da comunidade de propietarios onde se aprobe a execución das actuacións e a solicitude da subvención ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.
4/ Relación de todas as persoas integrantes da comunidade, co NIF de cada unha, referencia catastral de cada vivenda e local.
B.- Declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste:
– Que non se atopan incursos nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta documentación terá que ser presentada de novo, previamente ao pago da axuda.
– Das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación así como o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a Administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.
C.- Certificados.
– Certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local.
D.- Documentación referente ás obras e do edificio:
a) Informe de avaliación do edificio segundo o establecido na Disposición Transitoria Primeira, 1.b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana e no artigo 21 do Real Decreto 233/2013.
b) Proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar, a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 26 do Real Decreto 233/2013. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre a rasante, superficie sobre a rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.
c) Licenza e autorizacións para a execución das obras.
d) Cando o importe do orzamento protexible das obras exceda de 50.000 euros deberán presentarse como mínimo tres orzamentos, de data anterior á contratación das obras, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude. No caso de que non se optase pola oferta económica máis vantaxosa, deberá xustificarse razoadamente, por escrito, a elección realizada.
e) Ós efectos de poder puntuar a Fixación de poboación na Área de Rehabilitación, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar é a súa vivenda habitual, está destinada ó alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada.
f) Ós efectos de poder puntuar a Condición social das presentes bases, o solicitante deberá presentar certificado de empradroamento e copia das declaracións do IRPF da unidade familiar, correspondente ó exercizo 2014, ou no seu caso certificación negativa da Axencia Tributaria.
Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.
De todas as solicitudes presentadas por escrito, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases aprobadas, procederase á valoración e posterior proposta de cualificación provisional daquelas 30 actuacións con maior puntuación, que serán as que reciban a subvención.
Para mais información poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ubicado na rúa Diaz Freijo nº 3 ou ben vía telefónica no número 982 562968.