A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, estará os 26 e 27 de novembro de 2015 na Feira Internacional de Turismo de Interior (Intur), que se celebra en Valladolid do 26 ao 29 deste mes, co fin de promocionar Viveiro e establecer contactos cos touroperadores presentes. Os folletos de información turística do Concello de Viveiro estarán presentes no mostrador de Tur-galicia; ademais, na feira distribuirase de forma gratuíta entre todos os asistentes un xornal local que inclúe unha reportaxe especial que ofrece, entre outras, información turística sobre o noso municipio.
Viveiro, na Feira Intur de Valladolid
Viveiro, na Feira Intur de Valladolid
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro