20 de novembro de 2015.- O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015 abriu na mañá deste venres os obradoiros de fotografía e vídeo no IES de Foz, na quinta edición da cita destinada aos centros de ensino secundario da bisbarra. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, reuniuse o director do instituto, Nicolás Asensio, e presentou a iniciativa ao alumnado de cuarto da ESO, acompañado polo realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Os talleres continuarán o luns durante todo o día, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davi Xino.
Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación do IES Perdouro de Burela xunto ao de Foz, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe. O alumnado dos dous centros poderá dar renda solta á súa creatividade a través do concurso final, en dúas categorías, fotografía e vídeo, ata o 30 de decembro; esta fase tamén estará aberta para os centros que participaron en edicións anteriores, Monte Castelo (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove) e Alfoz-O Valadouro. Coa chegada de 2016, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.