A Mariña será a protagonista de mañá no programa Km0 da Deputación. Un grupo de persoas da asociación de veciños de Galegos (Lugo) coñecerán o casco histórico de Viveiro. Ademais de visitar a igrexa de Santa María do Campo, a porta de Carlos V e o mirador de San Roque, achegaranse ata un dos areais máis importantes deste municipio, a praia de Covas. Asimesmo, un grupo de solicitantes individuais tamén se desprazará ata o Concello de Cervo, onde visitarán a ría e a ponte de ferro. Subirán a Estaca de Bares e farán unha ruta de sendeirismo de 7,5 quilómetros dende Morgallón pola beira do río Sor.
O Programa de Deputación Km0 leva a un grupo de persoas a Viveiro e outro a O Vicedo
O Programa de Deputación Km0 leva a un grupo de persoas a Viveiro e outro a O Vicedo
Relacionado
-
Papá Noel non faltou á súa cita obrigada coas crianzas dos coles de Cervo e San Cibrao
-
Este sábado, 21 de decembro, o grupo de teatro Ardora representará “Aire Fresco” ás 20:00h na Casa da Cultura do Vicedo
-
Cariño celebrará este sábado, 21 de decembro, o seu II Mercado de Artesanía Do Nadal, unha nova actividade encadrada dentro da súa programación especial para estas datas que se organizará no Mercado Municipal de 11:00 a 20:00 horas