Lugo, 5 de novembro de 2015.- A Fundación TIC suma un novo apoio ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia, coa realización da campaña “Ningún Árbol Vacío”, da asociación Bonhomía. A entidade estréase con esta iniciativa, para que todos os rapaces de Lugo teñan un regalo este Nadal. Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC gravaron varias secuencias dun anuncio publicitario, coa participación de nenos e persoas maiores, na praza Maior de Lugo. Unha vez editado, Bonhomía difundirá o spot na súa páxina web, www.bonhomia.org, e nas redes sociais.
A colaboración da TIC complementarase coa realización de reportaxes sobre o desenvolvemento da campaña coa que o colectivo procura a solidariedade dos lucenses.
Pasos a seguir
Para participar na campaña é preciso rexistrarse na páxina web de Bonhomía. Una vez feito, a persoa colaboradora recibirá a carta que un neno ou nena, dunha familia sen recursos económicos escribiu aos Reis Magos, dende Lugo. O seguinte paso é mercar o seu regalo, cun custe inferior aos 30 euros, e levalo a un dos moitos puntos de recollida sinalados pola asociación.
O día 6 de xaneiro, os rapaces recibirán os agasallos que pediron as súas maxestades, grazas á complicidade dos cidadáns que colaboren para que se cumpra o obxectivo de “Ningún Árbol Vacío”.
A difusión social da TIC
A achega de TIC é froito do convenio que ven de asinar con Bonhomía, para promover o seu labor de loita contra as desigualdades socioeconómicas, culturais, de xénero ou de calquera tipo, no ámbito da nosa provincia. O colectivo recen creado persegue tamén a participación cidadán na defensa e procura dunha vida digna dos sectores máis vulnerables da poboación.
Na actualidade son máis de 130 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa TIC, que facilitan aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción no mercado laboral.